A clínica

Dentalart · A nosa forma de entender a odontoloxía

Coidar empeza
por escoitar.

Unha conversa tranquila e unha explicación comprensible forman parte da atención. Queremos que poidas preguntar, entender as túas opcións e participar nas decisións sobre a túa saúde oral.

Dr. Manuel León LeónOdontólogoColexiado 32001883
Dra. Sara Belén Vázquez de PradoOdontólogaColexiada 32001056

Tecnoloxía na clínica

Ver mellor. Planificar contigo.

3Shape TRIOS 3

Escáner intraoral 3D

Obtemos un modelo dixital dos teus dentes e enxivas para traballar no deseño e na fabricación de próteses e na planificación de ortodoncia. As imaxes permiten explicarche o caso e compartir a información co laboratorio.

O escaneado óptico rexistra as superficies da boca sen utilizar raios X.

Máis información · 3Shape · TRIOS 3

Diagnóstico por imaxe

TAC dental 3D

Dispoñemos de TAC dental para obter imaxes tridimensionais dos dentes e das estruturas óseas. Axuda ao diagnóstico e a planificar determinados tratamentos cando a exploración require esta información.

Indícase segundo a necesidade clínica; non é unha proba rutineira para todos os pacientes.

Máis información · FDA · Tomografía dental

Atoparásnos no Barco

Falemos do teu sorriso.

Avda. Marcelino Suárez 22, 1.º derecha · 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense