Clínica dental · O Barco de Valdeorras

A arte de
coidar o teu
sorriso.

A túa saúde oral merece tempo, atención e explicacións claras. Estamos preto de ti, no Barco de Valdeorras.

Primeiro plano dun sorriso natural; imaxe ilustrativa
Un sorriso moi teu.Odontoloxía en Valdeorras
Imaxe ilustrativa

Saúde, función e estética. En equilibrio.

Cada boca ten a súa historia. A primeira visita é o momento de escoitarte, coñecer as túas necesidades e entender xuntos as opcións.

Odontoloxía, explicada con claridade

Entende o coidado
que necesita o teu sorriso.

Que é cada tratamento, para que serve e que convén ter en conta antes de decidir.

O caderno Dentalart

Unha pequena curiosidade.
Unha nova forma de coidarte.

A última curiosidade
Espello odontolóxico sobre tecido marfil e granate

A saúde oral tamén empeza pola curiosidade.

Explorar o caderno

Dentalart · A nosa forma de entender a odontoloxía

Coidar empeza
por escoitar.

Unha conversa tranquila e unha explicación comprensible forman parte da atención. Queremos que poidas preguntar, entender as túas opcións e participar nas decisións sobre a túa saúde oral.

Dr. Manuel León LeónOdontólogoColexiado 32001883
Dra. Sara Belén Vázquez de PradoOdontólogaColexiada 32001056
01

Comprender o que necesitas

Falar das túas molestias, dos teus hábitos e do que che gustaría mellorar.

02

Explicar as opcións

Entender o propósito de cada tratamento e resolver as túas dúbidas antes de decidir.

03

Coidar a longo prazo

Dar espazo á prevención, aos hábitos diarios e ao seguimento.

Tecnoloxía na clínica

Ver mellor. Planificar contigo.

3Shape TRIOS 3

Escáner intraoral 3D

Obtemos un modelo dixital dos teus dentes e enxivas para traballar no deseño e na fabricación de próteses e na planificación de ortodoncia. As imaxes permiten explicarche o caso e compartir a información co laboratorio.

O escaneado óptico rexistra as superficies da boca sen utilizar raios X.

Máis información · 3Shape · TRIOS 3

Diagnóstico por imaxe

TAC dental 3D

Dispoñemos de TAC dental para obter imaxes tridimensionais dos dentes e das estruturas óseas. Axuda ao diagnóstico e a planificar determinados tratamentos cando a exploración require esta información.

Indícase segundo a necesidade clínica; non é unha proba rutineira para todos os pacientes.

Máis información · FDA · Tomografía dental

Atoparásnos no Barco

Falemos do
teu sorriso.

988 326 602

Móbil698 143 038

Onde estamos

Avda. Marcelino Suárez 22, 1.º dereita
32300 O Barco de Valdeorras, Ourense

Escríbenos

info@dentalart.gal

Horario

Luns e martes
9:30–20:30
Mércores
9:30–18:30
Xoves
15:30–20:30
Venres
9:30–13:30
Sábados e domingos
Pechado